Logo I IberCon
¿Qué é a IberCon?
¿Cómo inscribirse?
¿Qué é o Colectivo Nemo de Fantasía e Ciencia-Ficción?
¿Qué é unha convención do xénero fantástico?
¿Qué é a HispaCon?
¿Qué son os Encontros?
¿Porqué Galicia?
¿Onde se celebra a I IberCon?
¿Onde aloxarse?
¿Quen son os membros do equipo organizador?
¿Quen son os invitados de honra?
¿Cal é o programa de actos?
Concurso Domingo Santos 2.005 (Español)
I Informe de progresos
II Informe de progresos
III Informe de progresos
IV Informe de progresos
Selección de lingua

INFORME DE PROGRESOS XUÑO E XULLO 2.004

     RECUPERACIÓN DA EXPERIENCIA PREVIA DA CANDIDATURA 2.004.  A comisión organizadora do proxecto IberCon 2.005 parte da base aportada pola experiencia adquirida durante a preparación da candidatura do 2.004.  Por iso, o punto de partida foi voltar a contar coas mesmas entidades que apoiaron aquel proxecto.

     ASOCIACIÓNS AFINS.  Contactóuse coas asociacións afins Asociación Gallega de Ciencia-Ficción (AGASF) e Novos Segreis, organizadoras da HispaCon 1.999 e das xornadas Ponteficción respeitivamente, e entidades que no seu día apoiaron a candidatura do 2.004.  O proxecto recibíuse con toda a boa disposición que cabía esperar en asociacións que comparten os mesmos fins.  Novos Segreis recomendóu o proxecto e a AGASF podería axudar a presentar o proxecto IberCon perante a Xunta de Galicia.  O Colectivo Nemo propuxo que ambas entidades se convirtan en "Entidades colaboradoras" do proxecto IberCon.

     CINE-CLUBES.  Mantívose un primeiro contacto cos cine-clubes de Pontevedra e Lumière de Vigo para presentar o proxecto.

     ENTIDADES PRIVADAS.  Presentóuse o proxecto a tres entidades privadas a fin de recabar o seu apoio e/ou recomendación.

     ENTIDADES PÚBLICAS.  Presentóuse o proxecto a tres entidades públicas a fin de recabar o seu apoio e/ou recomendación: o Instituto Cervantes, o Instituto Camôes e o Departamento de Portugués da Escola Oficial de Idiomas en Vigo.  Mantívose unha primeira entrevista coa directora do Instituto Camôes en Vigo, e o Departamento de Portugués da Escola Oficial de Idiomas recomendóu o proxecto.

     ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS.  Presentóuse o proxecto ante catro administracións públicas:  Dirección Xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia, Comisión de Cultura da Diputación Provincial de Pontevedra, Concellería de Cultura do Concello de Vigo e Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.  Celebróuse unha primeira entrevista co Diputado-Presidente da Comisión de Cultura da Diputación Provincial de Pontevedra, que reiteróu o apoio que esta administración otorgóu no seu día á candidatura 2.004.