
Vigo, Abril 2.001.- O Colectivo Nemo de
Fantasía e Ciencia-Ficción, radicado nesta cidade, acaba de finalizar un
extenso estudo sobre a introducción da miñoca arrakina no noso planeta. 
O Colectivo Nemo instalando -innecesariamente- un batidor para atraer á miñoca. O proceso de introducción desta especie
vense desenvolvendo hai uns cinco anos, desde que a Cidade de Vigo inicióu esta
experiencia piloto no seu término municipal. Un factor decisivo para a
posta en marcha desta iniciativa foron as boas expectativas de aclimatación á
terra galega, que desde hai anos ven acollendo con éxito unha longa serie de especies
foráneas, desde vexetais como o kiwi ata animais como o avestruz. 
Aquí podemos ver a gran confianza cos animais que ten Ana Rodríguez, que acariña a miñoca Despois de cuidadosas análises, a zona escollida para viveiro destes maxestosos animais foi unha parcela do bairro da Florida.
Co fin de adaptar o terreo ás características do ecosistema
arrakino, levouse a cabo un prolongado acondicionamento do biotopo. Posteriormente, tras a introducción preliminar de troitas de area, procedeuse ao traslado do primeiro espécimen. O transporte desde o planeta Arrakis realizouse nunha fragata da Confraría Espacial, cun coste non precisamente módico para as finanzas municipais. 
Nesta imaxe podemos comprobar a serenidade e imperturbabilidade cuase
orientais das que fai gala Pedro Blanco ao paso da miñoca
| A partir dese momento, o equipo científico
encargouse da supervisión do viveiro. A miñoca arrakina, ou
lumbricus arrakinsis, é un invertebrado do grupo dos anélidos, que na
idade adulta alcanza unha lonxitude de entre cen e catrocentos metros. Esta
especie e moi apreciada por sintetizar a especia "melanxe", unha sustancia que prolonga a vida
e expande a consciencia, e que presenta moi boas perspectivas de comercialización
dada a sua alta cotización nos mercados interplanetarios. |  Observen a total indiferencia de Carlos Balseiro mentras a miñoca pasa por detrás sua a gran velocidade |
Por razons de prudencia, durante a etapa inicial do
proxecto ocultouse a orixe extraterrestre do animal, facendoo pasar por un exemplar da
especie autóctona lumbricus terrestris, ou miñoca brava, coa que
presenta gran similitude de rasgos morfolóxicos. O maior tamaño
da miñoca arrakina explicouse informando que a excelente alimentación foi a
causa de que o espécimen crecera mais do que é habitual. 
Ainda que a miñoca arrakina é unha especie salvaxe e con moito carácter, é posibel de domar com unha técnica apropriada, como fai aquí Nacho Agulló moi decididamente
 Diego Diz fainos unha demostración do seu talento como equilibrista mantendose erguido sobre a miñoca en movimento | Recentemente comprobouse que a
aclimatación da miñoca á terra galega é completa. Os membros do Colectivo Nemo desplazaronse ao viveiro para comprobar in situ o éxito de un proxecto que motivara tan cuantiosas inversións de fondos públicos. |
Observado o éxito da cría desta especie en Galiza, grandes empresas do planeta están a estudar a creación de novos viveiros. Ante a posibel proliferación de miñocas arrakinas recomendase á poboación que sempre que camiñen por espacios abertos faganno arrítmicamente, para evitar atraer a atención de un exemplar famento. 
Aquí vemos ao Fernando Moreiras nun alarde de atrevimento,
tomando a Agua da Vida, coa miñoca acudindo ao acontecimento. ¿Será él o Kwisatz Haderach?. |