SISTEMAS INFORMÁTICOS MULTILINGÜES CON GALEGO E ESPAÑOL
por Ignacio Agulló Sousa
Texto licenciado baixo licenza
Creative Commons BY-NC-SA
Dereitos de autor das capturas de pantalla correspondentes aos autores dos programas amosados
Presentación
1. Introdución
2. Características esenciais
3. Sistemas informáticos mantidos, bilingües e polivalentes
4. Microsoft Windows NT 5.1 Service Pack 3
5. Microsoft Windows NT 6.0
6. Microsoft Windows NT 6.1
7. GNU/Linux openSUSE
8. GNU/Linux Ubuntu
9. GNU/Linux Trisquel
10. Ofimática
11. Navegador
12. Xestor de correo electrónico
13. Compresor
14. Gravador de discos ópticos
15. Visor de documentos PDF
16. Creador de documentos PDF
17. Reprodutor multimedia
18. Visualizador de imaxes
19. Contorno de Execución Xava
20. Antivirus

15. Visor de documentos PDF

     PDF (Portable Document Format) é a tecnoloxía propietaria creada por Adobe Systems para codificar documentos listos para impresión, para a que existen implementacións de programación ceibe.

     O visor de documentos PDF elixido, por cumprir tódolos criterios e estar dispoñible nos catro sistemas operativos, é Evince, o visor de documentos PDF por defecto en Ubuntu e Trisquel, identificado como Visualizador de documentos.  Está desenvolvido polo Evince Team e pódese descargar na súa páxina web: http://live.gnome.org/Evince/Downloads

     Nembragantes, inexplicablemente en Windows NT soamente está dispoñible en inglés.  Mentres non se remedie, en Windows NT usaremos como substituto Sumatra PDF, que si atópase dispoñible en galego e español.  Creado por Krzysztof Kowalczyk, trátase de programación ceibe, e pódese descargar na súa páxina web: http://blog.kowalczyk.info/software/sumatrapdf/download.html

     Tratándose da tecnoloxía PDF, resulta obrigado citar tamén o Adobe Reader, o visor de PDF gratuíto (ata de agora) de Adobe Systems, que tamén áchase dispoñible nos catro sistemas operativos seleccionados e pódese descargar na páxina web http://get.adobe.com/es/reader.  Pero aínda que o apuntemos, non o recomendamos por tres motivos:

  • Non cumpre o criterio de bilingüismo ao non estar dispoñible en galego
  • Padece frecuentes fallas de seguridade (varios incidentes no ano 2009)
  • Tarda bastante tempo en arrancar, o que se fai especialmente molesto cando se accede a documentos PDF a traveso da navegación web.  Por este motivo, é un lector con fama de pesado; se ben é certo que nos últimos tempos este inconveniente reduciuse polo dobre efecto de aumento da potencia dos computadores e de melloras nas últimas versións.

Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 5.1
Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 5.1
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 5.1
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 5.1
Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 6.0
Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 6.0
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 6.0
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 6.0
Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 6.1
Sumatra PDF en Microsoft Windows NT 6.1
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 6.1
Adobe Reader en Microsoft Windows NT 6.1
Evince en GNU/Linux openSUSE 11.3
Visualizador de documentos en GNU/Linux openSUSE 11
Adobe Reader en GNU/Linux openSUSE 11.3
Adobe Reader en GNU/Linux openSUSE 11.3
Visualizador de documentos en GNU/Linux Ubuntu 9.10
Visualizador de documentos en GNU/Linux Ubuntu 9.10
Adobe Reader en GNU/Linux Ubuntu 9.10
Adobe Reader en GNU/Linux Ubuntu 9.10
Visualizador de documentos en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS
Visualizador de documentos en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS
Adobe Reader en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS
Adobe Reader en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS

Creado o 29 de xaneiro de 2010

Actualizado o 27 de xullo de 2010

[ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ]