|
||||||||
|
18. Visualizador de imaxes Por desgracia, na data actual non se atopan programas que cumpran os criterios deste estudo é ao mesmo tempo estean dispoñibles nos cinco sistemas operativos seleccionados; de xeito que non nos queda máis remedio que atopar solucións separadas. A solución para Ubuntu e Trisquel ven ben doada, porque xa ven instalada por defecto no sistema. Trátase da aplicación F-Spot, co seu desenvolvemento a cargo da comunidade de programación ceibe e encabezado por Larry Ewing, que visualiza imaxes e fai edicións sinxelas como eliminar os ollos vermellos. Entre outros formatos, manexa os seguintes: jpeg, gif, png, svg, cr2, nef, pef, raw, tiff, orf, srf, dng, crw, ppm, mrw, raf e bmp. Pódese descargar na súa páxina web: http://f-spot.org/Download A solución para Windows NT é XnView, unha aplicación de programación propietaria desenvolvida por Pierre-E Gougelet que visualiza 477 formatos de imaxe, grava en 65 formatos de imaxe, e fai edicións sinxelas como eliminar ollos vermellos. Pódese descargar na páxina web http://www.xnview.com/en/download.html, e a súa licencia establece a seguinte distinción de uso:
Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | ||||||||