SISTEMAS INFORMÁTICOS MULTILINGÜES CON GALEGO E ESPAÑOL
por Ignacio Agulló Sousa
Texto licenciado baixo licenza
Creative Commons BY-NC-SA
Dereitos de autor das capturas de pantalla correspondentes aos autores dos programas amosados
Presentación
1. Introdución
2. Características esenciais
3. Sistemas informáticos mantidos, bilingües e polivalentes
4. Microsoft Windows NT 5.1 Service Pack 3
5. Microsoft Windows NT 6.0
6. Microsoft Windows NT 6.1
7. GNU/Linux openSUSE
8. GNU/Linux Ubuntu
9. GNU/Linux Trisquel
10. Ofimática
11. Navegador
12. Xestor de correo electrónico
13. Compresor
14. Gravador de discos ópticos
15. Visor de documentos PDF
16. Creador de documentos PDF
17. Reprodutor multimedia
18. Visualizador de imaxes
19. Contorno de Execución Xava
20. Antivirus

8. GNU/Linux Ubuntu

     Ubuntu é unha distribución do sistema operativo GNU/Linux a cargo de Canonical Ltd.  Baseada na distribución Debian, é gratuíta e parcialmente ceibe; aínda que libérase baixo as licenzas GNU GPL e GNU LGPL e composta na súa meirande parte de programación ceibe, contén tamén programación propietaria principalmente en forma de controladores de dispositivos.  O mantemento é de 3 anos para as versións de soporte a longo prazo e 18 meses para o resto1.  Ademais, é posible actualizar a distribución a unha versión superior sen reformatear o disco ríxido.  Ubuntu pode descargarse na páxina web http://www.ubuntu.com/getubuntu/download.

     Ubuntu conta con acceso a redes SMB, e é autenticamente multilingüe: permite a distintos usuarios iniciar sesión con distintas linguas, incluso simultanear sesións en distintas linguas.  Cada usuario pode seleccionar a súa lingua preferida en Sistema –> Administración –> Configuración de idioma, e o cambio non precisa de reiniciar o sistema operativo, senón só reiniciar sesión.

     Pero ademais, Ubuntu conta con dúas avantaxes adicionais sobre Windows NT.  A primeira, que é posible escoller a lingua na pantalla de inicio de sesión, pasando a traballar na lingua escollida dende ese mesmo momento; e a segunda, que no momento en que se cambia a lingua do sistema operativo as aplicacións cambian automaticamente á mesma lingua, salvo unha excepción que se indica máis adiante.

GNU/Linux Ubuntu 9.10 en galego
GNU/Linux Ubuntu 9.10 en galego
GNU/Linux Ubuntu 9.10 en español
GNU/Linux Ubuntu 9.10 en español

1 ^LTS – Ubuntu Wiki (https://wiki.ubuntu.com/LTS)

Creado o 29 de xaneiro de 2010

Actualizado o 27 de xullo de 2010

[ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ]