SISTEMAS INFORMÁTICOS MULTILINGÜES CON GALEGO E ESPAÑOL
por Ignacio Agulló Sousa
Texto licenciado baixo licenza
Creative Commons BY-NC-SA
Dereitos de autor das capturas de pantalla correspondentes aos autores dos programas amosados
Presentación
1. Introdución
2. Características esenciais
3. Sistemas informáticos mantidos, bilingües e polivalentes
4. Microsoft Windows NT 5.1 Service Pack 3
5. Microsoft Windows NT 6.0
6. Microsoft Windows NT 6.1
7. GNU/Linux openSUSE
8. GNU/Linux Ubuntu
9. GNU/Linux Trisquel
10. Ofimática
11. Navegador
12. Xestor de correo electrónico
13. Compresor
14. Gravador de discos ópticos
15. Visor de documentos PDF
16. Creador de documentos PDF
17. Reprodutor multimedia
18. Visualizador de imaxes
19. Contorno de Execución Xava
20. Antivirus

9. GNU/Linux Trisquel

     Trisquel é unha distribución do sistema operativo GNU/Linux iniciada pola Universidade de Vigo e desenvolvida pola comunidade adicada á programación ceibe.  Trisquel baséase na distribución Debian ao igual que Ubuntu; de feito, emprega repositorios de Ubuntu e por este motivo ten igual ciclo de mantemento, 3 anos para as versións de soporte a longo prazo e 18 meses para o resto.  Pero Trisquel non emprega tódolos repositorios de Ubuntu, senón soamente os de programación ceibe.  Por ese motivo, ademais de pola súa calidade, acadou ser unha das poucas distribucións GNU/Linux recomendadas pola Fundación da Programación Ceibe (Free Software Foundation) e a segunda distribución GNU/Linux en estar dispoñible na memoria USB incorporada na tarxeta de membro da Fundación da Programación Ceibe.  Por outra parte, nutrirse de programación ceibe en exclusiva ten como consecuencia un conxunto de controladores máis reducido.  En calquera caso, nada impide engadir programas ou controladores de programación propietaria ao sistema unha vez instalado.

     Trisquel conta con acceso a redes SMB e é autenticamente multilingüe: permite a distintos usuarios iniciar sesión con distintas linguas, incluso simultanear sesións en distintas linguas.  Cada usuario pode seleccionar a súa lingua preferida en Sistema –> Administración –> Soporte de idioma, e o cambio non precisa de reiniciar o sistema operativo, senón só reiniciar sesión.

     Tamén ao igual que Ubuntu, Trisquel conta con dúas avantaxes adicionais sobre Windows NT.  A primeira, que é posible escoller a lingua na pantalla de inicio de sesión, pasando a traballar na lingua escollida dende ese mesmo momento.  A segunda, que no momento en que se cambia a lingua do sistema operativo as aplicacións cambian automaticamente á mesma lingua, salvo unha excepción que se indica máis adiante.

GNU/Linux Trisquel 3.0 STS en galego
GNU/Linux Trisquel 3.0 STS en galego
GNU/Linux Trisquel 3.0 STS en español
GNU/Linux Trisquel 3.0 STS en español

Creado o 29 de xaneiro de 2010

Actualizado o 27 de xullo de 2010

[ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ]