|
|||||||||||||||||||||||||||||||||
|
10. Ofimática
OpenOffice.org é un completo paquete ofimático dispoñible para os cinco sistemas operativos seleccionados. Está desenvolvido por programadores de Sun microsystems (agora subsidiaria de Oracle) e dende Xullo de 2000 áchase liberado e conta coa colaboración da comunidade adicada á programación ceibe. OpenOffice.org edita documentos de texto, follas de cálculo e presentacións multimedia, e permite extensións como por exemplo correctores ortográficos. Estes son, entre moitos outros, os formatos máis destacados que edita: odt, ods, odg, odp, odc, odf, odi, odb, odm, png, jpg, txt, rtf, ott, ots, otp, otg. Con respecto ao formato de Microsoft Office (doc, xls, ppt), tamén o edita pero hai que sinalar que o soporte non é completo. A principal incompatibilidade reside en que non funcionan as macros, e hai outras incompatibilidades puntuais como por exemplo no emprego de contrasinais para protexer documentos. Con respecto ao formato A tradución ao galego, feita no pasado por Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (www.mancomun.org), atópase actualmente nas mans da comunidade adicada á programación ceibe. No OpenOffice.org, o usuario pode cambiar doadamente a lingua da interface nas opcións de configuración de idioma. Pero aínda que OpenOffice.org é nativamente multilingüe en Ubuntu e Trisquel, en Windows NT é preciso realizar unha dobre instalación: primeiro instalar o programa en español ou galego, e despois instalar o paquete de idioma da outra lingua, asegurándonos de que ambos correspondan á mesma versión. Acadar este emparellamento pode resultar difícil dependendo da versión que pretendamos instalar, polo que ademais do centro de descargas de OpenOffice.org convén mirar tamén no sitio de Mancomún.
As extensións en xeral e dicionarios (correctores ortográficos) en particular poden ser instaladas por calquera usuario. OpenOffice.org é un dos programas que cambian automaticamente de lingua en Windows NT cando o sistema operativo o fai. Para completar o bilingüismo, precisamos tamén os correctores ortográficos de español e galego:
Microsoft Office é outro completo paquete ofimático, desenvolvido por Microsoft desde 1990. Trátase de programación propietaria e de pago. Edita documentos de texto, follas de cálculo e presentacións multimedia, e conta con complementos como por exemplo correctores ortográficos. Áchase dispoñible nos catro sistemas operativos seleccionados, en Windows NT de xeito nativo, e en GNU/Linux sobre WINE. Como o seu acrónimo indica, WINE non é un emulador; é unha implementación de programación ceibe para GNU/Linux da Interface de Programación de Aplicación de Windows NT. WINE fai que numerosos programas de Windows NT funcionen en GNU/Linux, e de xeito tan transparente que incluso a instalación dos programas faise igual que en Windows NT. Unha vez instalado é posible cambialo de lingua rapidamente cun paquete de idioma. As versións de Microsoft Office bilingües son Office 2003, Office 2007 e Office 2010. Dependendo da versión, o paquete de idioma atópase dispoñible gratuitamente no Centro de descargas de Microsoft ou pagando no sitio web de Office. A instalación do paquete de idioma precisa de ser feita por un usuario administrador; pero unha vez instalado, o usuario pode cambiar o idioma usando a ferramenta Configuración de idioma de Microsoft Office.
Microsoft Office é un dos programas que cambian automaticamente de lingua en Windows NT cando o sistema operativo o fai. Os formatos nativos de Microsoft Office son Word Document (doc), Excel Spreadsheet (xls) e PowerPoint presentation (ppt). A partires de Office 2007 implementa o formato Office Open XML de Microsoft, cos novos formatos docx, xlsx e pptx. Office 2003 dispón da posibilidade de editar tamén estes formatos instalando un complemento de compatibilización dispoñible gratuitamente no centro de descargas de Microsoft:
Microsoft Office é capaz de editar outros moitos formatos tamén, pero non o formato OpenDocument usado por OpenOffice.org. Existen complementos dispoñibles para manexar este formato, como por exemplo OpenXML/ODF Translator Add-in for Office, desenvolvido pola comunidade de programación ceibe e liberado baixo unha licenza “moi liberal de estilo BSD”, que pódese descargar no sitio web http://sourceforge.net/projects/odf-converter/. Pero polo de agora temos que dicir que o manexo do formato ODF é aínda moi limitado. Por último temos o corrector ortográfico en galego, desenvolvido por Imaxin Software e dispoñible gratuitamente no seu sitio web en forma de programa instalador para Windows NT:
Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
|||||||||||||||||||||||||||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | |||||||||||||||||||||||||||||||||