|
||||||||
|
6. Microsoft Windows NT 6.1 O sistema operativo Windows NT 6.0 de Microsoft é máis coñecido polo nome baixo o que se comercializa, Windows 7. Trátase de programación propietaria e de pago. O seu mantemento por Microsoft atópase no seguinte estado 1:
Ademais, é posible actualizar o sistema operativo Windows NT a unha versión superior sen reformatear o disco ríxido. Windows NT 6.1 conta con acceso a redes SMB, e é autenticamente multilingüe: permite a distintos usuarios iniciar sesión con distintas linguas, incluso simultanear sesións en distintas linguas. Ademais, cada usuario pode seleccionar a súa lingua preferida sen necesidade de intervención dun usuario administrador. O idioma galego non ven instalado no sistema senón que está dispoñible de xeito gratuíto; pódese atopar en Windows Update, ou no Centro de descargas de Microsoft. Requírese instalar o sistema en español e despois instalar o paquete indo a Panel de control –> Configuración regional y de idioma, e na ficha Teclados e idiomas facer clic no botón Instalar o desinstalar idiomas... Ábrese a xanela Instalar o desinstalar los idiomas para mostrar, e nela seleccionar Instalar idiomas, facer clic no botón Buscar carpeta e seleccionar o cartafol do idioma que se quere instalar e facer clic no botón Next.
Unha vez instalado o idioma pódese cambiar doadamente, tamén en Panel de control -> Configuración regional y de idioma, na ficha Teclados e idiomas, no cadro desplegable Elija un idioma para mostrar. Unha vez feito non é necesario reiniciar o computador, senón soamente reiniciar sesión.
Aínda que se cambie a lingua do sistema operativo, a meirande parte das aplicacións non cambin automaticamente a súa escolla de lingua senón que resulta preciso cambiala manualmente unha por unha. 1 ^Ciclo de vida de Soporte Técnico de Microsoft (http://support.microsoft.com/lifecycle/?LN=es-es&x=9&y=15&p1=14481) Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | ||||||||