|
|||||||||||
|
11. Navegador O navegador seleccionado, por ser na data actual o único que cumpre tódolos criterios e áchase dispoñible nos cinco sistemas operativos seleccionados, é Mozilla Firefox. Trátase de programación ceibe desenvolvida baixo a tripla licenza MPL, GNU GPL e GNU LGPL pola Fundación Mozilla e a súa entidade subsidiaria a Corporación Mozilla, coa colaboración da comunidade adicada á programación ceibe. A tradución ao galego, feita no pasado por Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (www.mancomun.org), atópase actualmente nas mans da comunidade adicada á programación ceibe. Sucede o mesmo que co OpenOffice.org: aínda que Mozilla Firefox é nativamente multilingüe en Ubuntu e Trisquel, en Windows NT é preciso realizar unha dobre instalación: primeiro instalar o programa en español ou galego, e despois instalar o paquete de idioma da outra lingua, asegurándonos de que ambos correspondan á mesma versión. Este emparellamento adoita resultar difícil de acadar, salvo coas versións máis importantes. Mozilla Firefox é un dos programas que cambian automaticamente de lingua en Windows NT cando o sistema operativo o fai. Ademais de contar coa interface nas dúas linguas, para completar o bilingüismo faltan os correctores ortográficos; e alén diso, o autor recomenda complementos para cambiar máis rapidamente de idioma. Todos estes complementos, para unha referencia máis actualizada, áchanse seleccionados na colección Firefox bilingüe gallego/español, publicada en www.mozilla.org.
Ademais, precísase dun reprodutor de Adobe Flash, a tecnoloxía propietaria de Adobe Systems para codificar audiovisuais. A pesar das súas frecuentes fallas de seguridade, seleccionamos o reprodutor gratuíto (ata de agora) de Adobe Systems, dispoñible nos catro sistemas operativos seleccionados e que se pode acadar no enderezo web http://get.adobe.com/es/flashplayer. Existen implementacións de Flash en programación ceibe, pero aínda non dan o mesmo servizo. Este reprodutor carece de interface, pois soamente comunícase co usuario durante a instalación e a actualización; pero por desgraza a única lingua dispoñible é o español. Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
|||||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | |||||||||||