|
||||||||
|
1. Introdución Dende a introdución da ferramenta informática nos contornos laborais galegos, prodúcese unha evolución no que atinxe a lingua da ferramenta. Dos inicios nos que a totalidade dos sistemas informáticos estaban en inglés vaise pasando ao español, e co paso do tempo tamén ao galego. Estes avances permiten que nos contornos laborais galegos xa se poida escoller a lingua da ferramenta informática no canto de conformarse cunha única lingua como ata de agora. Pero ademais os avances tecnolóxicos permiten que as ferramentas sexan multilingües, de xeito que unha mesma ferramenta poida ser utilizada en galego por un traballador e de seguido en español por outro traballador, con independencia da lingua vehicular que empreguen para redactar documentos. Estamos no intre da historia no que a ferramenta informática é máis multilingüe. Este estudo adícase a amosar as posibilidades que existen na actualidade. Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | ||||||||