|
|||||||||||
|
12. Xestor de correo electrónico O xestor de correo electrónico seleccionado, por cumprir tódolos criterios, estar dispoñible nos cinco sistemas operativos seleccionados e estar xa amplamente implantado nos contornos laborais galegos, é Mozilla Thunderbird. Trátase de programación ceibe desenvolvida baixo a tripla licenza MPL, GNU GPL e GNU LGPL pola Fundación Mozilla e a súa entidade subsidiaria a Corporación Mozilla, coa colaboración da comunidade adicada á programación ceibe. A tradución ao galego, feita no pasado por Mancomún, Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (www.mancomun.org), atópase actualmente nas mans da comunidade adicada á programación ceibe. Sucede o mesmo que co OpenOffice.org: aínda que Mozilla Thunderbird é nativamente multilingüe en Ubuntu e Trisquel, en Windows NT é preciso realizar unha dobre instalación: primeiro instalar o programa en español ou galego, e despois instalar o paquete de idioma da outra lingua, asegurándonos de que ambos correspondan á mesma versión. Acadar este emparellamento resulta difícil con Mozilla Thunderbird, principalmente por causa dos tradutores ao español, que non adoitan publicar paquetes de idioma. Debido a esta dificultade, o procedemento recomendado para Windows NT é instalar Mozilla Thunderbird en español e despois instalar o paquete de idioma galego. Mozilla Thunderbird é un dos programas que cambian automaticamente de lingua en Windows NT cando o sistema operativo o fai. Ademais de contar coa interface nas dúas linguas, para completar o bilingüismo faltan os correctores ortográficos; e alén diso, o autor recomenda complementos para cambiar máis rapidamente de idioma. Todos estes complementos, para unha referencia máis actualizada, áchanse seleccionados na colección Thunderbird bilingüe gallego/español, publicada en www.mozilla.org.
Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
|||||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | |||||||||||