|
||||||||
|
13. Compresor O compresor seleccionado, por ser na data actual o único que cumpre tódolos criterios e áchase dispoñible nos catro sistemas operativos seleccionados, é PeaZip; aínda que sobre GNU/Linux é a excepción da regra de que cando o sistema operativo cambia de lingua, tódolos programas cambian automaticamente tamén. Está desenvolvido pola comunidade de programación ceibe e o seu administrador é Giorgio Tani. Pódese descargar dende o seu sitio web: http://peazip.sourceforge.net/ PeaZip usa o formato nativo PEA, e permite utilizar diversos estándares de encriptación e compresión. Soporta completamente os seguintes formatos: 7z, FreeArc's arc/wrc, sfx (7z e arc), bz2, gz, paq/lpaq, quad/balz, split, tar, upx e zip Ademais, le os seguintes 118 tipos de ficheiro: 7z, bz, bz2, bzip2, tbz2, tbz, gz, gzip, tgz, tpz, tar, zip, z01, smzip, arj, cab, chm, chi, chq, chw, hxs, hxi, hxr, hxq, hxw, lit, cpio, deb, lzh, lha, rar, r01, 00, rpm, z, taz, tz, iso, jar, ear, war, lha, pet, pup, pak, pk3, pk4, slp, [Content], xpi, wim, u3p, lzma86, lzma, udf, xar, dmg, hfs, part1, split, swm, tpz, kmz, xz, txz, vhd, mslz, apm, mbr, fat, ntfs, exe, dll, sys, msi, msp, ods, ots, odm, oth, oxt, odb, odf, odg, otg, odp, otp, odt, ott, gnm, doc, dot, xls, xlt, ppt, pps, pot, docx, dotx, xlsx, xltx, swf, flv, quad, balz, zpaq, paq8f, paq8jd, paq8l, paq8o, lpaq1, lpaq5, lpaq8, ace, arc, wrc, 001, pea. Creado o 29 de xaneiro de 2010 Actualizado o 27 de xullo de 2010 |
||||||||
| [ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ] | ||||||||