|
|
2. Características esenciais
Son múltiples os sistemas informáticos existentes en galego e español, pero antes de consideralos aptos para un contorno laboral é preciso facer unha selección que satisfaga unha serie de características esenciais. As características seleccionadas neste estudo son,
por orde de prioridade:
- Mantemento
- Bilingüismo
- Polivalencia
-
Mantemento
  No século XXI, o mantemento é a base fundamental de calquera sistema informático. Do mesmo xeito que ninguén compraría un coche que cando pinchara unha roda o houbese que tirar ao lixo, ninguén compraría un sistema informático incapaz de dar resposta os problemas que puidesen xurdir. O mantemento dos sistemas informáticos consiste en que estes sexan actualizados constantemente. Soamente así pódese prover de controladores que fagan funcionar a tódolos computadores do parque informático dun centro de traballo, e máis aos computadores que se compren no futuro. Ademais de garantir o funcionamento da maquinaria, o mantemento tamén é imprescindible por tres razóns -seguridade, estabilidade e rendemento- que por si soas son tan prioritarias como para que non faga falta explicalas.
-
Bilingüismo
O bilingüismo refírese, obviamente, a que a ferramenta informática estea dispoñible en galego e español. Pero no ano 2010 xa non abonda con iso; non só se debe poder elixir a lingua da interface, senón tamén cambiala cando se estime oportuno; e cambiala rapidamente e sen necesidade de reinstalar.
-
Polivalencia
Ademais das características anteriores, o sistema informático ten
que incorporar as ferramentas que os traballadores poidan necesitar para desenvolver o seu traballo. Partindo da experiencia do autor nos contornos laborais galegos, as ferramentas estándares nestes contornos son as seguintes:
- Acceso a redes SMB con posibilidade de compartir ficheiros e impresoras.
- Lectura e escritura de disquetes, memorias USB, CDs e DVDs.
- Paquete de ofimática capaz de editar tódolos documentos usuais (texto, folla de cálculo, etc.) e con capacidade de instalar complementos como por exemplo correctores ortográficos.
- Navegador con capacidade de instalación de complementos como por exemplo reprodutor de Flash.
- Xestor de correo electrónico con capacidade de instalar complementos como por exemplo correctores ortográficos.
- Compresor.
- Visor de documentos PDF.
- Creador de documentos PDF.
- Reprodutor multimedia.
- Visualizador de imaxes.
- Contorno de Execución Xava.
- Antivirus.
Creado o 29 de xaneiro de 2010
Actualizado o 27 de xullo de 2010
|