SISTEMAS INFORMÁTICOS MULTILINGÜES CON GALEGO E ESPAÑOL
por Ignacio Agulló Sousa
Texto licenciado baixo licenza
Creative Commons BY-NC-SA
Dereitos de autor das capturas de pantalla correspondentes aos autores dos programas amosados
Presentación
1. Introdución
2. Características esenciais
3. Sistemas informáticos mantidos, bilingües e polivalentes
4. Microsoft Windows NT 5.1 Service Pack 3
5. Microsoft Windows NT 6.0
6. Microsoft Windows NT 6.1
7. GNU/Linux openSUSE
8. GNU/Linux Ubuntu
9. GNU/Linux Trisquel
10. Ofimática
11. Navegador
12. Xestor de correo electrónico
13. Compresor
14. Gravador de discos ópticos
15. Visor de documentos PDF
16. Creador de documentos PDF
17. Reprodutor multimedia
18. Visualizador de imaxes
19. Contorno de Execución Xava
20. Antivirus

20. Antivirus

     Na data actual, non se atopan antivirus con interface en galego.  Velaí a máis importante materia pendente na tradución de aplicacións ao galego.

     Atópase un antivirus de programación ceibe, dispoñible nos cinco sistemas operativos: Clam Antivirus (ClamTk en GNU/Linux, Clamwin en Windows NT), un proxecto liderado por Tomasz Kojm.  Pero decidiuse descartalo para o uso en contornos laborais por non ofrecer un nivel de protección tan alto como outros antivirus, e en menor medida por estar dispoñible soamente en inglés a implementación sobre Windows NT, Clamwin.

     En programación propietaria, atopáronse varios antivirus en español dispoñibles nos catro sistemas operativos.  De entre estes, polo seu alto nivel de seguridade e pola súa implantación en contornos laborais galegos, seleccionouse NOD32, un antivirus de pago desenvolvido por ESET con moitos anos de traxectoria en sistemas operativos Windows e Windows NT que a partir de decembro de 2009 atópase tamén dispoñible en estado Beta para GNU/Linux.

ESET NOD32 Antivirus 4 en Microsoft Windows NT 5.1
ESET NOD32 Antivirus 4 en Microsoft Windows NT 5.1

ESET NOD32 Antivirus 4 en Microsoft Windows NT 6.0
ESET NOD32 Antivirus 4 en Microsoft Windows NT 6.0

Se informa que ESET NOD32 Antivirus 4 tamén funciona sobre Microsoft Windows NT 6.1, pero neste estudio non se chegou a facer a proba.

ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux openSUSE 11.3
ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux openSUSE 11.3

ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux Ubuntu 9.10
ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux Ubuntu 9.10

ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS
ESET NOD32 Antivirus 4 en GNU/Linux Trisquel 3.0 STS

Creado o 29 de xaneiro de 2010

Actualizado o 27 de xullo de 2010

[ Selección de lingua | Entrada | Novidades | Críticas de cine | Sistemas informáticos multilingües | Entidades | Curriculum vitae ]